Inmunofluorescencia

Fotomicrografía dunha preparación histolóxica de pel humana preparada para inmunofluorescencia directa usando un anticorpo anti-IgA. A pel era dun paciente con púrpura de Henoch–Schönlein: encóntranse depósitos de IgA nas paredes de pequenos capilares superficiais (frechas amarelas). A área ondulada verde clara de arriba é a epiderme, a área fibrosa de abaixo é o derma.
Estas figuras mostran os mecanismos básicos da inmunofluorescencia. A inmunofluorescencia primaria ilústrase á esquerda, e mostra un anticorpo cun grupo fluoróforo ligado a el unido directamente ao epítopo dun antíxeno para o cal é específico. Unha vez que o anticorpo se uniu ao epítopo, a mostra pode verse no microscopio de fluorescencia para confirmar a presenza do antíxeno na mostra. Inversamente, a inmunofluorescencia secundaria que se mostra á dereita, vese primeiro como un anticorpo primario non etiquetado se une ao epítopo do antíxeno por un mecanismo similar ao descrito arriba. Porén, despois de que os anticorpos primarios se uniron ás súas dianas, aparece un anticorpo secundario (etiquetado cun fluoróforo). Estes sitios específicos de unión do anticorpo secundario son específicos para o anticorpo primario que xa está unido ao antíxeno, e, por tanto, o anticorpo secundario únese ao anticorpo primario. Este método permite que máis anticorpos etiquetados con fluoróforo se unan á diana, o que incrementa o sinal fluorescente durante a micoscopía.

A inmunofluorescencia é unha técnica usada en microscopía óptica con microscopio de fluorescencia, que se aplica principalmente a mostras microbiolóxicas. Esta técnica usa a especificidade dos anticorpos co seu antíxeno para dirixir tinguiduras fluorescentes a biomoléculas diana específicas que se encontran dentro da célula, o que permite a visualización da distribución da molécula diana pola mostra. A rexión específica que recoñece un anticorpo sobre un antíxeno denomínase epítopo.[1] Houbo que facer grandes esforzos para poñer a punto o mapado de epítopos, xa que moitos anticorpos poden unirse ao mesmo epítopo e o grao de unión entre anticorpos que recoñecen o mesmo epítopo pode variar.[2] Adicionalmente, a unión dun fluoróforo ao anticorpo non pode interferir coa especificidade inmunolóxica do anticorpo ou a capacidade de unión ao seu antíxeno.[3] A inmunofluorescencia é un exemplo moi utilizado de inmunotinguidura (uso de anticorpos para marcar proteínas) e é un exemplo específico de inmunohistoquímica (uso da relación anticorpo-antíxeno nos tecidos). Esta técnica fai uso principalmente de fluoróforos para visualizar a localización dos anticorpos.[4]

A inmunofluorescencia pode utilizarse en cortes de tecidos, liñas celulares cultivadas ou células individuais, e pode servir para analizar a distribución de proteínas, glicanos e pequenas moléculas biolóxicas e non bioloxicas. Esta técnica pode incluso utilizarse para visualizar estruturas como os filamentos intermedios do citoesqueleto.[5] Se aínda non se determinou a topoloxía dunha membrana plasmática, pode utilizarse a inserción de epítopos nas proteínas en conxunción coa inmunofluorescencia para determinar estruturas.[6] A inmunofluorescencia pode usarse tamén como método "semicuantitativo" para estudar os niveis e padróns de localización da metilación do ADN, pero é un método que require máis tempo que os métodos verdadeiramente cuantitativos e hai certa subxectividade na análise dos niveis de metilación.[7] A inmunofluorescencia pode aplicarse en combinación con outros métodos de marcaxe fluorescente que non usan anticorpos, por exemplo, o DAPI para etiquetar o ADN. Para a análise de mostras de inmunofluorescencia poden utilizarse varios deseños de microscopios; o máis simple son o microscopio de epifluorescencia e o microscopio confocal. Disponse tamén de varios deseños de microscopio de super-resolución igualmente útiles nos estudos de inmunofluorescencia.[8]

  1. Mandrell, R. E.; Griffiss, J. M.; Macher, B. A. (1988-07-01). "Lipooligosaccharides (LOS) of Neisseria gonorrhoeae and Neisseria meningitidis have components that are immunochemically similar to precursors of human blood group antigens. Carbohydrate sequence specificity of the mouse monoclonal antibodies that recognize crossreacting antigens on LOS and human erythrocytes.". Journal of Experimental Medicine (en inglés) 168 (1): 107–126. ISSN 0022-1007. PMC 2188965. PMID 2456365. doi:10.1084/jem.168.1.107. 
  2. Ladner, Robert C. (2007-01-01). "Mapping the Epitopes of Antibodies". Biotechnology and Genetic Engineering Reviews 24 (1): 1–30. ISSN 0264-8725. doi:10.1080/02648725.2007.10648092. 
  3. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome :0
  4. "Immunofluorescence". Protocol Online. 
  5. Franke, W. W.; Schmid, E.; Osborn, M.; Weber, K. (1978-10-01). "Different intermediate-sized filaments distinguished by immunofluorescence microscopy". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 75 (10): 5034–5038. ISSN 0027-8424. PMC 336257. PMID 368806. doi:10.1073/pnas.75.10.5034. 
  6. Wang, Honggang; Lee, Eun-Woo; Cai, Xiaokun; Ni, Zhanglin; Zhou, Lin; Mao, Qingcheng (2008-12-30). "Membrane Topology of the Human Breast Cancer Resistance Protein (BCRP/ABCG2) Determined by Epitope Insertion and Immunofluorescence". Biochemistry 47 (52): 13778–13787. ISSN 0006-2960. PMC 2649121. PMID 19063604. doi:10.1021/bi801644v. 
  7. Çelik, Selcen (2015-01-01). "Understanding the complexity of antigen retrieval of DNA methylation for immunofluorescence-based measurement and an approach to challenge". Journal of Immunological Methods 416: 1–16. doi:10.1016/j.jim.2014.11.011. 
  8. "Immunofluorescence Method". Davidson College. Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2016. Consultado o 24 de marzo de 2018. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search